Journal title
ISSN:    frecuency : 4   format : Electrónica

Issues

      see all issue


Skip Navigation Links.

Number Nº379 Year 2018

27 articles in this issue 

Blanca Ana Roig-Rechou

Un breve percorrido pola historia da Literatura Infantil e Xuvenil galega para situar a María Victoria Moreno, a homenaxeada no Día das Letras galegas 2018, nun lugar de honra. Demóstrase que moitas das obras que conforman a produción da autora, pouco ext... see more

Pags. 11 - 31  

Antonio García Teijeiro

Este artigo analiza criticamente as características principais da poesía infantil de María Victoria Moreno (1939-2005), concentrándose fundamentalmente nos dous poemarios que a poeta dedicou á rapazada: ¿E haberá tirón de orellas? (1997) e Eu conto... ti ... see more

Pags. 33 - 46  

Mercedes Queixas Zas

A prosa de María Victoria Moreno ofrece, como común denominador, as claves para unha interpretación literaria de marcado carácter pioneiro canto ao tratamento dalgunhas temáticas tan novidosas como a (des)igualdade de xénero.Voces e accións de protagonist... see more

Pags. 47 - 62  

Isabel Soto

A partir das declaracións de María Victoria Moreno, analízase a súa concepción da escrita como desafogo, a súa relación cos libros e a lectura, a súa dedicación vocacional á docencia e o seu firme compromiso cunha lingua e cun destinatario para as súas ob... see more

Pags. 63 - 81  

Andrés Torres Queiruga

Partindo da morte como tabú cultural, o artigo estudia do diario de María Victoria Moreno, analizando o limpo enfrontamento co seu misterio. Atenta á dimensión antropolóxica a través de García-Sabell, entra con sensibilidade na visión relixiosa da resurre... see more

Pags. 83 - 94  

Xesús Rábade Paredes

María Victoria Moreno non foi profesora nin escritora tópica. Como García Lorca, a quen estuda e admira, Galicia entrou nela como un signo profundo e verdadeiro que a impresiona, principalmente a través do amor e a terra, notas ambas e dúas de percepción ... see more

Pags. 95 - 99  

Xavier Senín

O presente artigo céntrase nun aspecto relevante da personalidade de María Victoria Moreno, o seu carácter xeneroso, do que dan fe múltiples testemuños de persoas que a coñeceron ou que nalgún momento se cruzaron con ela ao longo da súa vida. Así mesmo, e... see more

Pags. 101 - 116  

Fina Casalderrey

A prioridade e gran paixón de María Victoria Moreno -catedrática de Lingua e Literatura Castelá- foi o mundo do ensino. Da entrega e entusiasmo por facer, xa en plena ditadura franquista, unha escola diferente, máis achegada á vida, derivan outros moitos ... see more

Pags. 117 - 139  

Manuel Bragado Trigo

Este traballo percorre o perfil de ensaísta de María Victoria Moreno. Nesta órbita destaca o seu Diario da luz e a sombra (2004), a crónica como enferma do cancro de mama que acabaría coa súa vida. A obra, a súa peza ensaística principal, mestura fíos aut... see more

Pags. 141 - 150  

Isabel Mociño

Este artigo achégase á traxectoria vital e creativa de María Victoria Moreno como cidadá comprometida e coherente. O seu labor multifacético a prol da cultura galega demostra que estamos ante unha activa axente cultural, en ocasións adiantada ao seu tempo... see more

Pags. 151 - 170  

Montse Pena Presas

Este artigo afonda no contexto e no contido dos dous libros de texto que María Victoria Moreno redactou nos anos 1985 e 1987, desvelando os seus puntos fortes, as súas feblezas e a recepción no seu tempo, mais sobre todo o enorme esforzo compositivo que t... see more

Pags. 171 - 183  

Andrés Torres Queiruga

Respondendo a unha vella intuición, o artigo trata da saudade nunha modalidade non estudada: a saudade vivida alén das palabras, expresada na vivencia da carne e no movemento do corpo. Rosalía, poeticamente lonxe de Galicia, sente nacer unha fonda saudade... see more

Pags. 217 - 239  

Héctor M. Silveiro Fernández

Esta transcrición, acompañada dun breve comentario, forma parte do proceso de recuperación e difusión dunha correspondencia dos anos 1847e 1848 do autor Antonio Fernández Morales -iniciado con motivo do seu bicentenario- que pretende destacar o valor dos ... see more

Pags. 241 - 305  

Juán L. Saco Cid

Pequena biografía de Juan A. Saco Arce, con especial atención á súa formación académica e humanística. Baseándose na súa dobre titulación e na súa polifacética obra tan extensa, como gramático, como investigador da literatura e do folclore galegos e como ... see more

Pags. 309 - 328  

Antón Santamarina

A nosa contribución trata de enmarcar a aparición da Gramática de Saco no ambiente intelectual galego da época e dar razón dos motivos polos que (segundo o autor) é necesaria unha gramática. Examinamos a formación filolóxica do autor. Facemos unha breve a... see more

Pags. 329 - 349  

Teresa López

As gramáticas galegas publicadas no século XIX non se limitaron á descrición e á prescrición gramatical: todas elas teñen un certo carácter híbrido e inclúen informacións e materiais diversos, cunha presenza importante da literatura. Neste artigo, repasam... see more

Pags. 351 - 363  

Francisco Dubert García

Saco Arce escribiu a súa gramática dentro dun marco coñecido como Gramática tradicional; este marco foi substituído tardiamente en Galicia polo estruturalismo, que non apareceu ata finais dos anos 60 do século XX. Ora ben, estar escrito neste marco teóric... see more

Pags. 365 - 383  

Xosé A. Fernández Salgado

Este artigo analiza a ortografía proposta por Saco Arce na súa Gramática galega (1868), un texto que se vén considerando o primeiro logro científico da nosa tradición lingüística. Despois de describir brevemente a escrita do galego no século XIX, examínas... see more

Pags. 385 - 405  

Ernesto X. González Seoane

A aparición, a mediados do século XIX, das primeiras gramáticas do galego propicia a reflexión dos seus autores acerca de dúas cuestións fundamentais: por unha banda, determinar que variedade ou variedades se van empregar como punto de referencia do estud... see more

Pags. 407 - 417  

Xurxo Martínez González

Este estudo procura analizar a contribución de Saco Arce ao Rexurdimento tendo en contra a gramática pero indo alén dela. O obxectivo é, pois, incorporar unha chea de escritos pouco difundidos e analizar o conxunto da súa produción en relación cos presupo... see more

Pags. 419 - 462  

Francisco J. Leira-Castiñeira

Samuel Eiján foi un prolífico escritor que defendeu o galego e a súa terra en moitas das súas publicación. Foi querido polos seu compañeiros de viaxe cultural tanto na Real Academia Galega, coma no Seminario de Estudos Galegos e pola crítica. A importanci... see more

Pags. 465 - 481  

Armando Requeixo

Estudo temático e estilístico da poesía galega en libro de Samuel Eiján.

Pags. 483 - 501  

Justo Beramendi

Análise do rexionalismo católico-tradicionalista galego, marco ideolóxico no que se encadra o pensamento do franciscano Samuel Eiján, e co que comparte un tradicionalismo basal, certas prácticas de apostolado socialcatólico, a oposición aos movementos e s... see more

Pags. 503 - 518