ARTICLE
TITLE

Sarmiento visto por Filgueira (1906-1996): o antecedente sarmentiano do Seminario de Estudos Galegos

SUMMARY

Este artigo ocúpase de tres cuestións que aparecen claramente reflectidas nos escritos do profesor Filgueira Valverde: en primeiro lugar, a caracterización de Sarmiento como ilustrado prerromántico, a quen considera inestimable apoio de Feijoo e denomina como “figura universal da Ilustración”, “mestre de todos os saberes, que encetou o rexurdimento de Galicia e abriu novas rutas á ciencia española”. En segundo lugar, examínanse as orixes do interese de Filgueira polo frade bieito e, en terceiro lugar, realízase un primeiro achegamento aos antecedentes sarmentianos e pontevedreses do Seminario de Estudos Galegos, a través de escritos publicados e autógrafos inéditos do propio Filgueira. Estas achegas poden constituír un paso para completar outros estudos xa existentes e seguir profundando na presenza de Sarmiento nos escritos de Filgueira, coma unha maneira de continuar o legado de ambos os investigadores e de continuar a crebada liña do tempo. O “rexurdimento” do Museo de Pontevedra pode constituír unha boa ocasión para confiar, parafraseando a Filgueira, en que as inquedanzas de Sarmiento "cumprido fin terán”.

 Articles related