ARTICLE
TITLE

Algunhas claves sobre a poesía de Antonio Fernández Morales

SUMMARY

O poeta berciano Antonio Fernández Morales (1817-1896) escribe tanto en castelán, como en dialecto berciano (modalidade, neste caso, do galego). Participa dalgunhas das correntes poéticas da segunda metade do século XIX (continuidade do romanticismo, poesía civil e de expresión grandilocuente, de circunstancias) e trata temas como o local, o familiar e íntimo, o amoroso, o relixioso, así como o civil e patriótico. Pero a súa maior importancia reside en que está na raíz poética do Rexurdimento galego, debido á súa obra Ensayos poéticos en dialecto berciano (1861), cuxa publicación se anticipa en dous anos aos Cantares gallegos (1863), de Rosalía de Castro.

 Articles related