ARTICLE
TITLE

Unha canción marabillosa, galega e panteísta

SUMMARY

Alén de na poesía, a figura de Manuel María ocupa un papel axial na creación da música galega contemporánea. A súa pegada recoñécese en varias facetas. En primeiro lugar polo seu apoio decidido aos primeiros artistas que nos anos sesenta comezaron a cantar en galego e, a partir deste momento, a todos os cantores e cantoras que continuaron a utilizar esta lingua. Ademais, a súa obra poética é unha fonte fecunda á que acudiron, e seguen a acudir, moitos músicos para crear novas composicións. De tal xeito que nestes momentos un cento dos seus poemas xa forman parte, feitos canción, do acervo da música popular galega. Finalmente indícase como, a través da música, a poesía de Manuel María dialoga con outras latitudes, nomeadamente, coa cultura catalá e vasca.

 Articles related

Xesús Manuel Valcarcel    

A paisaxe é unha temática que lle gusta a todo o mundo, non deixa indiferente a ninguén. Todo o relativo a ela adquiriu -duns anos a esta parte- un interese crecente no conxunto da sociedade. En gran medida esta atención, ou sensibilizació... see more


Ramón Villares    

Este artigo ocúpase das orixes do Consello da Cultura Galega, unha institución que nace co réxime autonómico galego e que posúe un trazo orixinal no contexto das autonomías formadas en España a partir da transición democrática. Esta instit... see more


Camilo Nogueira    

A partir da consideración de Madrid por Valentín Paz-Andrade como unha cidade construída no século XVI polo favor político desde a nada e nunha ubicación arbitraria, o texto presente considera a negación polo poder estatal do carácter inst... see more


Henrique Monteagudo    

No presente traballo dáse a coñecer a proposta articulada de reforma das Normas ortográficas e morfolóxicas da RAG presentada por Carballo á Academia en 1979, e reconstrúense os antecedentes e o curso da mesma, o que permite coñecer a evolución da posici... see more


Alberte Valverde    

Nesta intervención, o obxectivo principal é a revisión da produción ensaística de Ricardo Carballo Calero centrada no xénero poético do século XX. Deste xeito, o eixe temporal que se vai abranguer transita dende os inicios na revista Nós até a presentaci... see more