SUMMARY
O artigo leva a cabo un estudo de Conversa ultramarina (2011), a derradeira obra de Lois Pereiro publicada con carácter póstumo. Por unha banda, analiza a súa particular tipoloxía textual, a medio camiño entre a carta e o diario. Por outra, achégase aos contidos da obra, reparando nas relacións que esta establece co restante corpus do escritor. O traballo ocúpase ademais dos usos idiomáticos do libro e do emprego de diferentes linguas sobre unha base galega e castelá. Finalmente, valórao no conxunto da obra do escritor.