SUMMARY
A pesar dos anos transcorridos desde o descubrimento dos cancioneiros que transmitiron a lírica profana galego-portuguesa e a pesar de todo o traballo realizado no ámbito textual, aínda fican múltiplos loci critici que debemos enfrontar e, no posíbel, clarificar.Neste artigo pretendemos resolver dúas cuestións de carácter lexical que se localizan en senllas cantigas do trobador posdionisino Estevan da Guarda, para, desta maneira, recuperarmos a lección ‘verdadeira’ do texto das cantigas, con maior fidelidade á letra e ao espírito dos textos medievais.