ARTICLE
TITLE

O xenio celta do portugués e do galego. De Francisco de S. Luiz Saraiva a Manuel Murguía

SUMMARY

Manuel Murguía é un dos máis relevantes e sólidos difusores do celtismo lingüístico da Galicia decimonónica. Ás fontes historiográficas que adoitan sinalarse para o celtismo murguián cómpre engadir as lingüísticas, que chegan do enciclopedismo francés vía Portugal, particularmente da man de Francisco de S. Luiz Saraiva. Detrás do celtismo lingüístico portugués atópase unha particular concepción do que é o xenio dunha lingua e de como se produce a evolución desta no tempo. Comparte Murguía esa mesma concepción? Ou é diferente o celtismo ao norte e ao sur do Miño?

 Articles related