ARTICLE
TITLE

A madurez poética de Díaz Castro: anos 80

SUMMARY

Reflexiona o autor sobre a personalidade literaria de Díaz Castro, unha das grandes voces líricas galegas, aínda que, ó seu xuízo, o poeta lugués segue a ser un poeta de minorías. Pensa que Nimbos marca a madurez poética do autor, poemario que considera todo un “clásico”, libro que contextualiza no seu tempo, menciona as posibles razóns que moveron a Galaxia a publicalo e refírese así mesmo, á recepción que tivo no seu momento. Alude a Follas verdes e Follas ô vento, dous libros de versos que permaneceron inéditos ata este ano 2014, interrogándose sobre se arrequecen en algo a figura do seu creador. Finalmente, fala do seu contacto persoal co poeta, cando este, nos momentos crepusculares da súa vida, foi rescatado para a poesía galega a través das páxinas da revista Dorna, comezando una nova andadura que considera enormemente frutífera.

 Articles related